Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 110 gaseiro, cargado con GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 110 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta,e o transito de gaseiros na nosa ría.
HOXE domingo, CONCENTRACIÓN, ás 19 hs. no Cantón (fronte ao Palco da Música) de Ferrol
Características do buque: Nome.- LNG Port Harcourt, Ano construcion.- 1977 (34 anos)
Bandeira.- Bermuda, Eslora.- 275m, Manga.- 42.07 m, Calado.- 11.5 m, Capacidade.- 122.000 m3
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 108 gaseiro, cargado con GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 108 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta,e o transito de gaseiros na nosa ría.
CONCENTRACIÓN, SÁBADO, 24 DE DECEMBRO 2011, ÁS 19 Hs. na Praza de Armas - Ferrol
O Comité Cidadán de Emerxencia considera que a pesar de tratarse dunha data sinalada e de tradicional celebración na familia e no entorno de amizade e veciñanza, debemos facer un novo exercicio de responsabilidade e firmeza na demostración de que seguiremos a amosar á cidadanía de Ferrolterra que a Planta de Gas é un perigo permanente para todos e todas, un despropósito e un fraude que, coa complicidade de todas as Administracións, se está a manter só en beneficio dos seus promotores.
Onte, hoxe e sempre..
¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !
Cheikh el Mokrani
CARACTERÍSTICAS DO BUQUE: Nome.- Cheikh el Mokrani, Bandeira.- Bahamas, Eslora.- 220 m, Manga.- 35 m, Calado.- 10.75 m, Puntal.- 22.55 m, Capacidade.- 75.500 m3 de GNL
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 107 gaseiro, cargado con GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 107 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta,e o transito de gaseiros na nosa ría.
CONCENTRACIÓN, XOVES, 8 DE DECEMBRO 2011, ÁS 19 Hs. no Cantón, diante do palco da música - Ferrol
O buque SCF Polar, foi construído no estaleiro Kockums Mekaniska Verkstads AB de Suecia no ano 1969. O "SCF Polar" e o "SFC Arctic", son os gaseiros con tanques de membrana máis antigos do mundo
Características do buque: Nome.- SCF Polar, Bandeira .- Liberia, Ano construcion.- 1969, Eslora.- 243 m, Manga.- 34 m, Calado.- 10.5 m, Puntal.- 47m, Capacidade.-71.500 m3
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 106 gaseiro, cargado con GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 106 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta,e do transito de gaseiros na nosa ría.
Este gaseiro ten 31 anos de antiguedade.
CONCENTRACIÓN, HOXE SÁBADO, 3 DE DECEMBRO 2011, ÁS 19 Hs. no Cantón, diante do palco da música - Ferrol
Características do buque: Nome.- Nome.- LNG Edo, Bandeira.- Bahamas, Ano Construcion.- 1980, Eslora.- 285.3 m, Manga.- 43.7 m. Puntal.- 25 m, Calado.- 11.53 m, Capacidade.- 126.530 m3
O gaseiro Artic Princess, que partiu onte dende os peiraos ferroláns está a ser asistido por problemas técnicos a escasas millas da costa, concretamente a 7 Millas náuticas.
O gaseiro sufriu unha avaría na máquina do buque que impedíalle navegar a máis de 2,5 nós de velocidade. A inmensa arboladura do barco converteuno nun auténtico buque de vela, anulando totalmente o autogoberno do Arctic Princess, e quedando a merced do vento.
A primeira intención dos técnicos era a de levalo até a ría de Ares, onde largaría áncoras. Pero o capitán do buque considerou que esa alternativa podía resultar perigosa. Os partes meteorolóxicos informaban que a forza do vento ía ser superior, e sobre todo de que se ía a levantar mar de fondo con ondas de entre 4 e 5 metros, e que estas condicións podían facer garrear as áncoras e que o barco quedase de novo á deriva.
Nestes intres dous remolcadores, o Ibaizabal Nove e o Ibaizabal Dous, prestan servizo ao buque, e xunto estes atopase o Sar Gavia (Remolcador de rescate)
A VOZ DE GALICIA INFORMA MAL, pois din co destino deste gaseiro era o porto de Hammerfest, para logo CONTRADECIRSE dando a versión OFICIAL, que conta co gaseiro saíu para efectuar unhas probas.
A versión OFICIAL, conta na prensa que o gaseiro está a 12 millas da costa da Coruña. Debe ser co fin de non alarmar a poboación, pois chegou a estar a 3 Millas da Coruña e Ferrol. (Tal como amosa a fotografía da ruta trazada)
Ao mesmo tempo outro gaseiro, o Barcelona Knutsen, está dando
"tumbos" pola costa agardando que mellore o tempo para poder entrar a descargar en Reganosa.Ambos gaseiros cruzaronse a escasas 2 Millas marítimas .
E para REMATALA, entre a ría de Ares e Sada temos fondeado ao buque gaseiro B Gas Ettrick, cargado milleiros de Toneladas de propileno, que procede de Xixón e tivo que buscar refuxo.
Nesta foto podemos ollar en cor vermello todolos buques cisterna que pasaban a un tempo pola costa galega.
Pois tres van ter que pernoctar esta noite preto da nosa costa. Pois o forte vento, as ondas e a pouca visibilidade non van remitir en todo o día de hoxe.
ACTUALIZACIÓN ÁS 20:00 Hs, o gaseiro que tiña previsto descargar en Reganosa, o Barcelona Knutsen atopase nas costas asturianas.
O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou hoxe súa "105 Protesta Lexitima" contra a ubicación da planta de gas, e contra a navegación de gaseiros cargados con GNL no interior da Ría de Ferrol
Ante a entrada no interior da ría de Ferrol ,do 104 gaseiro, cargado con GNL, con destino a Reganosa, o "Comité de Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou súa 104 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta, e o transito de gaseiros na nosa ría.
Agora outro escandalo salpica a Planta de Gas, Reganosa, desta volta un conselleiro desta empresa, José Luis Méndez. Caixa Galicia blindou os pagos a Méndez nas participadas, aínda que fose cesadoAs condicións de xubilación do ex director xeral da caixa coruñesa inclúen o dereito a unha indemnización equivalente a entre tres e cinco anos de dietas como conselleiro. Méndez figura aínda como membro do consello de ReganosaDos pagos en Reganosa e Terras Gauda, non consta información pública. http://www.laopinioncoruna.es/economia/2011/11/10/caixa-galicia-blindo-dietas-mendez-participadas-fuera-cesado/549754.html
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 104 gaseiro, cargado con GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol"CONVOCA súa 104 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta,e do transito de gaseiros na nosa ría.
CONCENTRACIÓN, XOVES, 10 DE NOVEMBRO 2011, ÁS 19 Hs. na Praza do Himno Galego, (Esteiro)-Ferrol
Características do buque:Nome: "LNG Enugu", Bandeira: Bermudas, Eslora: 285.4 m, Manga: 43.4 m, Puntal: 26 m, Calado: 12.37 m, Capacidade.- 145.000 m3.
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 103 gaseiro, cargado con GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol"
CONVOCA súa 103 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta,e do transito de gaseiros na nosa ría.
CONCENTRACIÓN, XOVES, 26 DE OUTUBRO 2011, ÁS 19 Hs. na Praza de Armas-Ferrol
Características do buque: Ano Construcion.- 1976,¡¡35 anos de antiguedade !! , Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 274.42 m, Manga.- 42 m, Calado.- 11.8 m, Puntal.- 23.77 m, Capacidade.- 122.000 m 3 de GNL
A Asociación Cultural Fuco Buxán solidarizase cos traballadores e traballadoras do Mar da Ría de Ferrol, apoiando ás súas reivindicacións fronte a Xunta de Galicia, en defensa dos seus salarios, da dignidade e condicións de traballo e do saneamento da Ría, fonte de vida e de ocupación laboral de centos de familias.
Apoio que fai extensivo aos 9 mariscadores imputados, por resistencia e desobediencia grave á Autoridade, no proceso consecuencia das mobilizacións pola entrada dos gaseiros na Ría de Ferrol, no ano 2007, actos convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia, no que participaron multitude de persoas – cuxa inculpación non foi admitida – para defender a vida da cidadanía de Ferrolterra.
Esta Asociación acompañará aos inculpados, no xuizo oral que se celebrará os vindeiros 14 e 17 de novembro no Xulgado do Penal, nº 2 de Ferrol.
Asemade, amosa a súa solidaridade co traballador do mar, José L. Vázquez Pichín, recentemente condenado a 2 anos de cárcere, acusado de participar no peche da estrada de As Pías en 2006, con motivo de reivindicacións laborais en defensa dos intereses dos mariscadores da Ría de Ferrol que estaban a ver en perigo, por unha parte a continuidade do seu medio de vida e por outra banda a impasividade das administracións ante unha situación de deterioro da ría que tivo lugar pola súa deixadez e da que os traballadores do mar non tivieron nin teñen culpa algunha.
Súmase, Fuco Buxán, á petición de indulto, en trámite, que revogue defitivamente o seu ingreso en prisión.
Ante a entrada no interior da ría de Ferrol ,do 102 gaseiro,cargado con GNL,con destino a Reganosa, o "Comité de Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou súa 102 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta, e o transito de gaseiros na nosa ría.
Xa están a venta as participación de lotería de Nadal do Comité de Emerxencía, poden adquirirse nas concentracións.
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 102 gaseiro, cargado con GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol"
CONVOCA súa 102 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta,e do transito de gaseiros na nosa ría.
CONCENTRACIÓN, LUNS, 3 DE OUTUBRO 2011, ÁS 19 Hs. fronte o Auditorio de Caranza
Características do buque: Nome.- Catalunya Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284 m, Manga.- 42.5 m, Puntal.-25.40 m, Calado.- 10.20 m, Capacidade.- 138.000 m3
Ante a entrada no interior da ría de Ferrol ,do 101 gaseiro,cargado con GNL,con destino a Reganosa, o "Comité de Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol",realizou súa 101 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta, e o transito de gaseiros na nosa ría
Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non.
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 101 gaseiro, cargado con GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol":
CONVOCA súa 101 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta,e do transito de gaseiros na nosa ría.
CONCENTRACIÓN, MAÑÁ, LUNS, 26 DE SETEMBRO 2011, ÁS 20 Hs. PRAZA DE AMBOAXE
Características do buque: Nome.- Gemmata, Bandeira .- Singapur, Eslora.- 290 m, Manga.- 46,28 m, Calado.- 11.36 m, Puntal.- 25.5 m, Capacidade.- 138.104 m3,
Chegamos ao centear compañeir@s, imos acadalo, como dixo Carmelo Teixeiro "Vereino cos vosos ollos".
Esta vai por: Carmelo Teixeiro, Santiago Torrente, Tino Deibe, e por todol@s que xa non están comnosco...
... pero que sepades que detrás vosa veñen Roque, Eric, Uxía, e outr@s centos de nen@s dispost@s a arrancarnos o testigo das mans e seguir coa loita ata o final.
Ante a entrada no interior da ría de Ferrol ,do 100 gaseiro,cargado con GNL,con destino a Reganosa, o "Comité de Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou súa 100 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta, e o transito de gaseiros na nosa ría.
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 100 gaseiro, cargado con GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol":
CONVOCA súa 100 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta,e do transito de gaseiros na nosa ría.
CONCENTRACIÓNMAÑÁ XOVES, 15 DE SETEMBRO 2011, ÁS 20 Hs.PEIRAO DE FERROL - MUELLE
Características do buque:Nome.- LNG Ogun, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 285.1 m, Manga.- 43.4 m, Calado.- 12 m, Puntal.- 50 m, Capacidade.- 149.600 m3
Para axudas económicas:C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outrosDesde España:00493315772894017995Desde o Extranxeiro:ES 71 00493315772894017995[ Más ]
Ante a entrada no interior da ría de Ferrol ,do 99 gaseiro,cargado con GNL,con destino a Reganosa, o "Comité de Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol",realizou súa 99 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta, e o transito de gaseiros na nosa ría.
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 99 gaseiro, cargado con GNL,con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", CONVOCA súa 99 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta,e do transito de gaseiros na nosa ría.
CONCENTRACIONMartes , 13 de Setembro 2011, ás 20 horasna Praza do Inferniño (Palco da Música) - Ferrol
Características do buque:Nome.- LNG Borno, Bandeira .-Bahamas, Eslora.- 285 m, Manga.- 43.4Calado.- 12 m, Capacidade.- 149.600 m3 www.comitecidadan.org
Ante a entrada no interior da ría de Ferrol ,do 98 gaseiro,cargado con GNL,con destino a Reganosa, o "Comité de Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol",realizou súa 98 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta, e o transito de gaseiros na nosa ría.
O pasado sábado, en representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, varias entidades (A. VV. O Cruceiro de Mehá, A.C. Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán e ADEGA) presentaron alegacións a “La modificación puntual de los espacios y usos portuarios del puerto y Ría de Ferrol para afectación de porciones de terreno en Punta Promontorio” que a Autoridade Portuaria Ferrol – San Ciprián está a tramitar e que o CCE considera un acto administrativo fraudulento que ven a ocultar unha MOI GRAVE infracción da Ley de Costas.
Contrariamente ao expresado por parte da Autoridade Portuaria nalgunhas instancias, as consecuencias do acto que se alega, van moito máis aló das puramente administrativas, como un posíbel aumento do canon de concesión, senón que veñen confirmar ilegalidades que pretenden ter continuación cunha decisión que persegue, despois de modificar o ámbito portuario, aumentar a concesión innecesaria ás empresas Forestal del Atlántico e Reganosa.
nin Forestal do Atlántico nin Reganosa, están desenvolvendo a súa actividade exclusivamente en terreos concesionados ou de titularidade privada, ocupando, hoxe en día, terreos de dominio público non portuarios, desenvolvendo nestes, actividades industriais e usos construtivos incompatibles cos usos autorizables ao abeiro do título III da Ley de Costas.
Fronte a esta situación, lonxe de actuar no eido de restaurar a legalidade e evitar que se continúe a infrinxir a Ley de Costas neste espazo de dominio público, as administracións públicas implicadas, unha por pasiva e outra por activa, están a realizar unha labor de encubrimento da infracción. A saber
- A Dirección Xeral de Costas da Xunta de Galicia, non incoando de oficio un expediente que repoña a legalidade do uso dentro do dominio público, deixando así que os usos e a ocupación non autorizable do dominio público persista.
- A Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, promovendo un expediente de modificación puntual substancial da delimitación dos espazos e usos portuarios, entendendo este paso como necesario á xa prevista concesión de terreos portuarios ás empresas Reganosa e Forestal del Atlántico que hoxe en día ocupan ilegalmente o dominio público.
- O Concello de Mugardos, promovendo unha modificación puntual do PXOM ( aprobada inicialmente polo Pleno con data 2 de agosto ), que, lóxicamente, limita o cambio de cualificación dos solos urbanos industriais á zona das parcelas de titularidade privada, chegando ao deslinde do dominio público marítimo- terrestre vixente.
Sen esta previa modificación puntual da delimitación de espazos e usos portuarios que promove a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, e unha posterior concesión administrativa á empresa Reganosa dos novos solos portuarios, a modificación puntual do PXOM promovida polo Concello de Mugardos sería insuficiente para legaliza-la situación dos usos industriais de Regasificación de GNL da empresa Reganosa (despois da sentenza 00311/2008 do TSXG de data 22/04/2008 anulando a modificación puntual do PXOM aprobada polo Concello-Pleno de Mugardos o 31/01/2003).
Por todas as irregularidades expostas nos puntos 2, 3 e 4 deste documento, non procede realizar unha modificación substancial dos usos e delimitacións do espazo portuario en Punta Promontoiro.
Por todo isto,
SOLICITAMOS:
1.- A retirada inmediata da proposta de Modificación Puntual Substancial da Delimitación dos espazos e usos Portuarios en Punta Promontoiro de Xuño de 2011.
2.- Retirar as concesións que actualmente teñen as empresas Forestal del Atlántico e Reganosa, polas irregularidades de construción e usos, contrarias á Ley de Costas e restitución das superficies ao seu estado primitivo, con cargo ás empresas respectivas.
3.- Se nos remita e incorpore a estas alegacións o rexistro histórico das cargas e descargas de mercancías que se teñen realizado na concesión portuaria da que goza Forestal del Atlántico desde o ano 2000.
4.- Se nos remita e incorpore a estas alegacións relación detallada dos buques que, nos últimos 5 anos, realizaron deslastre dos seus tanques nesas instalacións. Neles deberá constar o nome do buque, volume de slops retirados de cada buque, volume de fuel ou gasoil recuperado e certificado de lodos e refugallos non aproveitables, entregados a empresas de reciclaxe en cantidades e datas concretas.
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol ,do 98 gaseiro,cargado con GNL,con destino a Reganosa, o "Comité de Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", CONVOCA súa 98 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta,e do transito de gaseiros na nosa ría.
ESTE GASEIRO TEN 30 ANOS DE ANTIGUEDADE
CONCENTRACION Hoxe, Xoves , 15 de agosto 2011, ás 20 horas no Peirao do Porto de Ferrol
Características do buque: Nome.- LNG Bonny, Ano Construcion.- 1981 (30 anos de antiguedade) Bandeira.- Bermudas, Eslora.-. 286,85 m, Manga.- 41,84 m, Puntal.- 14,48 m, Calado.- 11.22 m, Capacidade.- 133.000 m3
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol ,do 97 gaseiro,cargado con GNL,con destino a Reganosa, o "Comité de Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", CONVOCA súa 97 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta,e do transito de gaseiros na nosa ría.
CONCENTRACION Lúns, 15 de agosto 2011, ás 20 horas no Peirao do Porto de Ferrol
Características do buque:Nome.- Cheikh el Mokrani, Bandeira .- Bahamas, Eslora.-220 m, Manga.- 35 mCalado.- 10.75 m, Puntal.- 22.55 m, Capacidade.- 75.500 m3.
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol ,do 96 gaseiro,cargado con GNL,con destino a Reganosa,o "Comité de Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", CONVOCA súa 96 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta,e do transito de gaseiros na nosa ría.O gaseiro que vai entrar ten 30 anos de antiguedade
Lúns, 1 de agosto, ás 20:00 hDiante do Centro de Saúde de Caranza(Cruce Avda. Castelao con Rúa Juan de Austria)
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol ,do 95 gaseiro,cargado con GNL,con destino a Reganosa,o "Comité de Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol",realizou súa 95 concentración lexítima,en rexeitamento da actual ubicación da planta,e do transito de gaseiros na nosa ría.
Ainda descoñecemos os motivos,pero o gaseiro non entrou na ría .Desta volta non foi o vento,bretema,ou a oleaxe,os que impediron a entrada.
Prevista para o Martes, 12 de Xullo, a entrada no interior da nosa Ría,do gaseiro "Port Harcourt",que fai o nº 95 con destino a Ilegal e Perigosa planta de gas.
O barco ten 35 ANOS DE ANTIGUEDADE!!
Convocamos a cidadanía a unha concentración de rexeitamento a IL€GAL R€GANO$A
O Martes, día 12, ás 20:00 h. ,na Praza de Ultramar (diante do Palco de Música)
Prevista para o Martes, 5 de Xullo, a entrada no interior da nosa Ría,do gaseiro "Cheikh el Mokrani",que fai o nº 94 con destino a Ilegal e Perigosa planta de gas.
Convocamos a cidadanía a unha concentración de rexeitamento a IL€GAL R€GANO$A
O Martes, día 5, ás 20:00 h. ,na Praza do Inferniño (diante do Palco de Música)