"Ladran, porque cabalgamos Sancho"
miércoles 06 enero 2010
Trabajo realizado por los compañeros de ÁRTABRA21
Unha vez máis, Reganosa sae aos medios de comunicación, este fin de ano, cunha campaña de imaxe e medias verdades, posibelmente elaborada pola redacción da axencia INCIS, empresa de Santiago de Compostela, contratada desde o 2001 pola empresa regasificadora. A campaña de imaxen busca contrarrestar a denuncia do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, de que a planta de Mugardos estaba a baixo rendemento, moi por debaixo da súa capacidade operativa. Para mostra, basta ver a lista dos buques gaseiros que arribaron ao terminal de Punta Promontorio, só 17 dos 50 previstos no proxecto. Esta denuncia demostraba que a Planta Regasificadora é a todas luces innecesaria, tendo en conta ademais o peche do gasoduto de Tui que abastecía á rede na Galiza, con gas moito máis barato. Ante a reacción da empresa frente a esta denuncia só queda decir "Ladran, porque cabalgamos Sancho ".
Leer en: http://artabra21.blogspot.com/2010/01/ladran-porque-cabalgamos-sancho.html